08/03/2026
No día Internacional da muller 🚺, o Concello de Begonte súmase á posta en valor da loita 💪 de moitas mulleres que a través da historia contribuíron á creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
E para visibilizar tamén na actualidade o papel das mulleres e fomentar a reflexión social dos retos que aínda temos por diante, lanzaremos ao longo do mes de marzo unha serie de 🎥 curtametraxes protagonizadas por veciñas do noso Concello, nas que compartirán a súa experiencia de vida, reflexo da de moitas de nós. Permanecede atentos 👀 nos próximos días!
🟰 Porque a igualdade de dereitos, oportunidades e trato son necesarias para o progreso social e democrático, sigamos construíndo igualdade 🟣🆓!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies