29/05/2026
๐ Ábrese un prazo extraordinario de presentación de solicitudes para a cobertura das prazas vacantes existentes na Escola Infantil Municipal “Pío Pío” ๐ค, que permanecerá aberto ao longo de todo o curso 2026-2027, ou mentres existan prazas dispoñibles.
As solicitudes poderán presentarse en calquera momento do curso escolar, mediante o modelo normalizado, no Rexistro Xeral do Concello de Begonte ๐ข ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
โน๏ธ A orde de adxudicación das prazas vacantes realizarase atendendo aos seguintes criterios de prioridade:
1๏ธโฃ-Menores pertencentes a unidades familiares empadroadas no Concello de Begonte.
2๏ธโฃ-Menores cuxo pai, nai ou persoa titora legal desenvolva a súa actividade laboral no municipio de Begonte.
3๏ธโฃ-No caso de continuaren existindo prazas vacantes, poderán acceder ao servizo menores procedentes de calquera municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo a orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello e de acordo coa dispoñibilidade de prazas por unidade de idade.
๐ฃ๐ฅ PROCEDEMENTO PARA A COBERTURA DE PRAZAS VACANTES NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "PรO PรO" PARA O CURSO 2026-2027
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies