Noticias e alertas

🎬 CICLO DE CINE DE MÚSICA TRADICIONAL 🪕

09/05/2025

Como xa tiñamos comentado anteriormente, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario 🌳 puxo en marcha en abril, un ciclo de cine 📽 adicado á música tradicional 🎼.

Este domingo 11 de maio, antesala do gran día das Letras Galegas 💙 adicado ás Cantareiras, dende a asociación, propoñen a revisión do filme documental "Dorothé na Vila" dirixida por Alejandro Gándara e Olaia Tubío, sobre a viaxe que a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth fixo a Galicia nos anos 70 e que tivo unha importancia capital para (re)descubrir a grandísima tradición oral gardada polas mulleres durante décadas.

🔹 11 de maio ás 18:00h na Casa da Cultura de Begonte, Dorothé na vila

Posteriormente haberá un pequeno debate con Carolina Vázquez Castro, mestra e recoñecida tocadora das Adufeiras de Salitre e Roberto Rodriguez Páramo, mestre de canto e pandeireta e recoñecido "recolledor" de música tradicional, para que nos falen da súa visión da película, da música tradicional, das recolleitas e de calquera tema relacionado coa nosa música.

Anímaste? 😃

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies