Noticias e alertas

XESTIÓN DA CAFETERÍA MUNICIPAL ☕🍹

09/07/2025

Xa está aberto o prazo para presentar ofertas 📊 para a xestión da cafetería situada no 📍 Vilar de Cente, ó carón do Centro de Saúde 🏥, na localidade de Begonte.

A cafetería ☕ atópase completamente equipada e lista ✅ para a súa posta en funcionamento e a duración do contrato será de un ano prorrogable anualmente ata un máximo de catro anos.

Toda a información ℹ️ relativa á convocatoria da licitación, incluíndo pregos de cláusulas administrativas 📗 e documentación 📋 complementaria, atópase na plataforma de contratos de Galicia ➡️ (www.contratosdegalicia.gal). Tamén se pode consultar nas oficinas Municipais, de luns a venres, en ⏰ horario de 9.00 a 14.30 horas.

As ofertas presentaranse dentro do prazo de quince 15 días naturais, contados a partir do seguinte ao de publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante, aloxado na plataforma de contratos de Galicia.

As proposicións 📑 poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Begonte 🏢, por correo postal 📨 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Cando as proposicións se envíen ou presenten por correo postal, o interesado deberá xustificar a data desta presentación na oficina de correos e anunciar ao concello a remisión da oferta mediante email 📧 (info@concellodebegonte.es) no mesmo día.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies