Noticias e alertas

Convocatoria para a contratación laboral temporal do Concello de Begonte de 1 Enxeñeiro/a Técnico/a de Topografía – programa contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil

21/10/2026

Funcións do Enxeñeiro técnico topógrafo: cartografar a rede de saneamento do Concello de Begonte.

Duración: 9 meses

Requisitos dos aspirantes (ver as bases):

  • Ter cumpridos os 18 anos e non superar os 29 de idade máxima que establece a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil
  • Estar en posesión da titulación oficial esixida para acceder á categoría profesional de enxeñeiro/a técnico/a de Topografía, que é calquera das seguintes: Grado en Enxeñería en Geomática e Topografía, Grado en Enxeñería agrícola e agroalimentaria, Grado en Enxeñería civil, grado en Enxeñería forestal e do medio natural, Grado en Paisaxe
  • Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, como demandantes non ocupadas e estar dispoñibles para o emprego.
  • Estar inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non ter traballado ou recibido accións educativas ou formativas o día natural anterior á data de sinatura do contrato.
  • Permiso de conducir clase B en vigor.

Si estás interesado e cumpres os requisitos establecidos nas Bases da convocatoria podes solicitar a Inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia (oferta 12/2026/9787).

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies