22/09/2026
🗓️ 25/09/2026
⏰ 9.30 - 14.00 h
📍 Diante do Centro de Saúde de Begonte
O servizo CIMs Móbiles é un recurso especializado da Xunta de Galicia para prestar información, asesoramento, atención, orientación e acompañamento psicolóxico, social e xurídico, de forma ambulatoria, en materia de violencia contra as mulleres, naqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM).
O seu funcionamento é itinerante e préstase mediante catro vehículos que se desprazan por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, dotados co correspondente equipamento técnico e humano.
A quen van dirixidos?
🔸 Mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva formando parte dun grupo ou asociación de mulleres.
🔹Calquera persoa, en asuntos relacionados coa información, a atención e a prevención da violencia de xénero.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies