17/09/2026
O ๐๐จ๐ง๐๐๐ฅ๐ฅ๐จ ๐๐ ๐๐๐ ๐จ๐ง๐ญ๐ pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica ๐คฉ coa que entregará 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio.
Trátase dunha iniciativa dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
๐๐ฎ๐๐ง ๐ฉ๐จ๐๐ ๐ฌ๐จ๐ฅ๐ข๐๐ข๐ญ๐๐ฅ๐จโ
Pode acceder a este composteiro toda persoa que resida nunha vivenda illada ๐ก que conte cunha parcela ou horta ๐
dun mínimo de 25 m². A veciñanza interesada pode realizar a solicitude de dúas formas:
๐ธ A través da solicitude online ๐ https://app.compostalocal.com/application/form/gl/eyJpdiI6Ikp4dU54V2RhSmtQcjVkL2FWVHlKYVE9PSIsInZhbHVlIjoickZqOEpWMmNCVGdOUDdWVjNVdWtndz09IiwibWFjIjoiOTQ1NzBkNzE5NmQ1YzMwNzIzMmJhZGQzZDJmMjA5YTY3NmQ1OWEzYWViYzgzYzFmY2FkMWI1OTk0MTc0M2I4YSIsInRhZyI6IiJ9
๐น Chamando ao teléfono โ๏ธ do Concello: 982 396 143
๐๐จฬ๐ฆ๐จ ๐ฬ ๐จ ๐๐จ๐ฆ๐ฉ๐จ๐ฌ๐ญ๐๐ข๐ซ๐จโ
Cada composteiro ten unha capacidade de 400 litros e debe instalarse no exterior da vivenda ๐ , tendo en conta unhas recomendacións básicas para o seu correcto funcionamento:
๐ฅ๏ธ Situalo nunha zona sombreada, protexida das inclemencias meteorolóxicas.
๐ชพ Preferiblemente, baixo unha árbore de folla caduca.
๐ชฑ En contacto directo coa terra, para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.
๐๐๐๐ฎ๐ฉ๐๐ซ๐๐ซ ๐ฎ๐ง๐ก๐ ๐ญ๐ซ๐๐๐ข๐๐ข๐จฬ๐ง ๐๐จ ๐ซ๐ฎ๐ซ๐๐ฅ ๐ ๐๐ฅ๐๐ ๐จ
Coa posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Begonte busca poñer en valor as vantaxes ambientais, económicas e sociais da compostaxe doméstica. Ademais, esta campaña supón unha oportunidade para recuperar unha tradición xa asentada no rural galego, a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando ๐ e/ou elaboración de compost ๐ชด, actualizándoa mediante un sistema máis óptimo, hixiénico, cómodo e eficiente.
Deste xeito, o Concello reafirma o seu compromiso ๐ค coa xestión sustentable dos residuos e coa mellora ambiental do municipio, ofrecendo á veciñanza unha ferramenta sinxela e gratuíta para reducir a xeración de residuos orgánicos dende os propios fogares.
๐ ๐๐๐๐๐๐๐๐ ๐๐ ๐๐๐๐๐๐๐ ๐๐๐๐๐๐ ๐๐๐๐ ๐๐๐๐๐๐๐๐๐๐ ๐๐๐๐ฬ๐๐๐๐๐ โป๏ธ๐๐ฟ
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies