Noticias e alertas

๐Ž ๐‚๐Ž๐๐‚๐„๐‹๐‹๐Ž ๐ƒ๐„ ๐๐„๐†๐Ž๐๐“๐„ ๐€๐๐Ž๐’๐“๐€ ๐๐Ž๐‹๐€ ๐‚๐Ž๐Œ๐๐Ž๐’๐“๐€๐—๐„ ๐ƒ๐Ž๐Œ๐„ฬ๐’๐“๐ˆ๐‚๐€ โ™ป๏ธ๐Ÿ๐ŸŒฟ

17/09/2026

O ๐‚๐จ๐ง๐œ๐ž๐ฅ๐ฅ๐จ ๐๐ž ๐๐ž๐ ๐จ๐ง๐ญ๐ž pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica ๐Ÿคฉ coa que entregará 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio.

Trátase dunha iniciativa dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

๐๐ฎ๐ž๐ง ๐ฉ๐จ๐๐ž ๐ฌ๐จ๐ฅ๐ข๐œ๐ข๐ญ๐š๐ฅ๐จโ“

Pode acceder a este composteiro toda persoa que resida nunha vivenda illada ๐Ÿก que conte cunha parcela ou horta ๐Ÿ… dun mínimo de 25 m². A veciñanza interesada pode realizar a solicitude de dúas formas:

๐Ÿ”ธ A través da solicitude online ๐Ÿ‘‰ https://app.compostalocal.com/application/form/gl/eyJpdiI6Ikp4dU54V2RhSmtQcjVkL2FWVHlKYVE9PSIsInZhbHVlIjoickZqOEpWMmNCVGdOUDdWVjNVdWtndz09IiwibWFjIjoiOTQ1NzBkNzE5NmQ1YzMwNzIzMmJhZGQzZDJmMjA5YTY3NmQ1OWEzYWViYzgzYzFmY2FkMWI1OTk0MTc0M2I4YSIsInRhZyI6IiJ9
๐Ÿ”น Chamando ao teléfono โ˜Ž๏ธ do Concello: 982 396 143

๐‚๐จฬ๐ฆ๐จ ๐žฬ ๐จ ๐œ๐จ๐ฆ๐ฉ๐จ๐ฌ๐ญ๐ž๐ข๐ซ๐จโ“

Cada composteiro ten unha capacidade de 400 litros e debe instalarse no exterior da vivenda ๐Ÿ , tendo en conta unhas recomendacións básicas para o seu correcto funcionamento:

๐ŸŒฅ๏ธ Situalo nunha zona sombreada, protexida das inclemencias meteorolóxicas.
๐Ÿชพ Preferiblemente, baixo unha árbore de folla caduca.
๐Ÿชฑ En contacto directo coa terra, para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.

๐‘๐ž๐œ๐ฎ๐ฉ๐ž๐ซ๐š๐ซ ๐ฎ๐ง๐ก๐š ๐ญ๐ซ๐š๐๐ข๐œ๐ข๐จฬ๐ง ๐๐จ ๐ซ๐ฎ๐ซ๐š๐ฅ ๐ ๐š๐ฅ๐ž๐ ๐จ

Coa posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Begonte busca poñer en valor as vantaxes ambientais, económicas e sociais da compostaxe doméstica. Ademais, esta campaña supón unha oportunidade para recuperar unha tradición xa asentada no rural galego, a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando ๐Ÿ– e/ou elaboración de compost ๐Ÿชด, actualizándoa mediante un sistema máis óptimo, hixiénico, cómodo e eficiente.

Deste xeito, o Concello reafirma o seu compromiso ๐Ÿค coa xestión sustentable dos residuos e coa mellora ambiental do municipio, ofrecendo á veciñanza unha ferramenta sinxela e gratuíta para reducir a xeración de residuos orgánicos dende os propios fogares.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies