05/08/2026
🗣️✨ Axúᴅᴀɴᴏs ᴀ ᴍᴀɴᴛᴇʀ ᴠɪᴠᴀ ᴀ ɴᴏsᴀ ᴛʀᴀᴅɪᴄɪóɴ ᴏʀᴀʟ! ✨📖
🗣️✨ Axúᴅᴀɴᴏs ᴀ ᴍᴀɴᴛᴇʀ ᴠɪᴠᴀ ᴀ ɴᴏsᴀ ᴛʀᴀᴅɪᴄɪóɴ ᴏʀᴀʟ! ✨📖
As 🧜♀️ historias 🧙♂️, 👻 lendas 🧙♀️, 🐎contos 🦊, cantigas 🎶, refráns 🗣 e lembranzas que pasaron de xeración en xeración forman parte da nosa identidade e do noso patrimonio.
Dende o 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗲𝗴𝗼𝗻𝘁𝗲, queremos recuperar e conservar toda esa riqueza para que non se perda co paso do tempo. Por iso, convidámoste a participar compartindo aquelas historias que escoitaches na casa, anécdotas dos/a maiores, cantigas, ditos populares ou calquera lembranza que mereza seguir viva.
🤔 Se coñeces algunha historia, recordas unha cantiga, un dito popular ou calquera relato que che transmitiron os teus maiores, ou tés persoas maiores preto que poden compartir os seus recordos e coñecementos, gustaríanos escoitalos.
➡ Se estás interesado/a en colaborar, ponte en contacto co Concello de Begonte no ☎ 619 455 026 ou envía directamente un arquivo de voz por Whatsapp relatando a historia.
Cada achega conta. Entre todas e todos podemos construír un legado que permaneza para as futuras xeracións.
🌿 Axúdanos a manter viva a voz da nosa terra!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies