07/07/2026
Onte pola mañá, desprazouse ata o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, o CIM MÓBIL 🚐.
O Centro de Información á Muller Móbil (CIM Móbil), é un recurso especializado na atención integral a mulleres vítimas de violencia de xénero ❌ e outros colectivos vulnerables, dependente da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero (Consellería de Política Social e Igualdade) da Xunta de Galicia.
O servizo impleméntase nos concellos que non dispoñemos de CIM 🏬 municipal ou supramunicipal, asegurando un acceso ao servizo universal e sen barreiras e garantindo a igualdade de atención independentemente das circunstancias persoais ou sociais.
Este modelo de atención itinerante permitenos aos concellos dispoñer dun servizo especializado e de calidade 🤝, optimizando recursos e garantindo o acceso das mulleres 👩🦰 aos seus dereitos en todo o territorio.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies