05/06/2026
A Consellería de Política Social convoca as prazas de Balnearios para pensionistas π΄π΅ que desexen participar no Programa de Benestar en Balnearios 2026.
Cada quenda terá unha duración de 10 días e 9 noites, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderá desde as β° 12.00 horas do día de chegada ata as β° 12.00 horas do día de saída.
As quendas terán lugar entre o 15 de xullo e o 31 de decembro de 2026.
β
CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
πΈ Ter 60 anos ou máis, ou ter 55 ou máis e posuír a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
πΉ Estar empadroado/a e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
πΈ Valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
πΉ Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
πΈ Non ter contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
πΉ Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a algunha das prazas e das quendas solicitadas.
πΈ Cumprir cos requisitos e obrigas establecidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
βΉοΈ Para Información e tramitación, deberase acudir á oficina de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Begonte.
π O prazo de inscripción remata o 26 de xuño de 2026.
ππππππππ ππππππππ ππππππππππ ππππ π§
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓsticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓtica de cookies