Noticias e alertas

ππ‘πŽπ†π‘π€πŒπ€ 𝐁𝐄𝐍𝐄𝐒𝐓𝐀𝐑 ππ€π‹ππ„π€π‘πˆπŽπ’ πŸπŸŽπŸπŸ” πŸ’§

05/06/2026

A Consellería de Política Social convoca as prazas de Balnearios para pensionistas πŸ‘΄πŸ‘΅ que desexen participar no Programa de Benestar en Balnearios 2026.

Cada quenda terá unha duración de 10 días e 9 noites, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderá desde as ⏰ 12.00 horas do día de chegada ata as ⏰ 12.00 horas do día de saída.

As quendas terán lugar entre o 15 de xullo e o 31 de decembro de 2026.

βœ… CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

πŸ”Έ Ter 60 anos ou máis, ou ter 55 ou máis e posuír a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
πŸ”Ή Estar empadroado/a e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
πŸ”Έ Valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
πŸ”Ή Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
πŸ”Έ Non ter contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
πŸ”Ή Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a algunha das prazas e das quendas solicitadas.
πŸ”Έ Cumprir cos requisitos e obrigas establecidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

ℹ️ Para Información e tramitación, deberase acudir á oficina de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Begonte.

πŸ“ O prazo de inscripción remata o 26 de xuño de 2026.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓ­sticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓ­tica de cookies