18/03/2026
O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 abrirá dende o vindeiro 🗓 luns 23 ata o venres 27 de marzo o prazo para renovación de praza na Escola Infantil Pío Pío 🐤 para o alumnado actual e dos/das fillos/as de traballadores/as no centro.
Unha vez rematado o período de presentación de solicitudes e revisadas as renovacións de praza, procederase o día 7 de abril de 2026 á exposición pública na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios da Escola Infantil Municipal, da lista de renovacións e o número de prazas vacantes por unidades.
O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 8 ao 22 de abril de 2026 e deberá facerse de forma presencial nas oficinas do 🏢 Concello, de luns a venres, en ⏰ horario de 9.00 a 14.30 horas ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
➡️ Para acceder á documentación👇👇
https://www.concellodebegonte.es/gl/escola-infantil-municipal
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies