Noticias e alertas

⚠️ COMISIÓNS, ASOCIACIÓNS OU ORGANIZADORES DE FESTAS

11/03/2026

Segundo a 📄 Lei 23/2011 do 29 de xullo, de depósito legal, os carteis 🧾 das distintas festas 🎠 que se celebren teñen que ter un número de Depósito Legal.

➡️ O proceso para solicitar este número de Depósito Legal, completamente de balde, é o seguinte:

Antes de imprimir os carteis, o/a presidente/a da comisión mandará unha solicitude con nome, apelidos, domicilio, código postal, DNI, teléfono e un correo electrónico a cau-periferico@xunta.gal, onde lle darán un nome de usuario e un contrasinal de acceso á plataforma, para desde alí sacar o número de depósito legal que deberá figurar nos carteis.

📨 Posteriormente enviará TRES EXEMPLARES FÍSICOS á seguinte dirección:

DEPÓSITO LEGAL
Avda Ramón Ferreiro, 23
27002 LUGO
Teléfono: 982 29 42 50

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies