08/03/2026
No día Internacional da muller πΊ, o Concello de Begonte súmase á posta en valor da loita πͺ de moitas mulleres que a través da historia contribuíron á creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
E para visibilizar tamén na actualidade o papel das mulleres e fomentar a reflexión social dos retos que aínda temos por diante, lanzaremos ao longo do mes de marzo unha serie de π₯ curtametraxes protagonizadas por veciñas do noso Concello, nas que compartirán a súa experiencia de vida, reflexo da de moitas de nós. Permanecede atentos π nos próximos días!
π° Porque a igualdade de dereitos, oportunidades e trato son necesarias para o progreso social e democrático, sigamos construíndo igualdade π£π!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓsticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓtica de cookies