08/03/2026
No día Internacional da muller ๐บ, o Concello de Begonte súmase á posta en valor da loita ๐ช de moitas mulleres que a través da historia contribuíron á creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
E para visibilizar tamén na actualidade o papel das mulleres e fomentar a reflexión social dos retos que aínda temos por diante, lanzaremos ao longo do mes de marzo unha serie de ๐ฅ curtametraxes protagonizadas por veciñas do noso Concello, nas que compartirán a súa experiencia de vida, reflexo da de moitas de nós. Permanecede atentos ๐ nos próximos días!
๐ฐ Porque a igualdade de dereitos, oportunidades e trato son necesarias para o progreso social e democrático, sigamos construíndo igualdade ๐ฃ๐!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies