24/02/2026
O vindeiro sábado 🗓 28 de febreiro, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario organiza unha nova edición da Foliada de Inverno ❄️ que este ano lle adican a unha das manifestacións populares máis espectaculares: a Regueifa.
Ademais, realizarán un obradoiro impartido por Nuria das Cruzes e Xairo d’Herbón que comezará ás ⏰ seis da tarde e terá unha duración aproximada de dúas horas.
ℹ️ O prezo será de 15 euros para persoas non asociadas e de 5€ para asociadas. O número de prazas é limitado polo que cómpre anotarse no correo electrónico da asociación: 📩 castineiromilenario@hotmail.com.
A continuación, Foliada de Inverno con Regueifa, Treitoría e Foliadeir@s do Castro e Lambe Lambe.
Será no Centro Sociocultural de Begonte, ó carón do Centro Médico. 🥳
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies