Noticias e alertas

A ADMINISTRACIÓN PRETO DE TI

06/02/2026

Prazo de inscrición: 06/02/2026 - 06/03/2026

Informados da continuidade do programa "A administración cerca de ti" que ten o obxectivo de acercar a administración dixital á cidadanía das áreas rurais, quérese organizar unha sesión na que ademais de informar sobre trámites e xestión máis habituais que se poden realizar de forma electrónica, ofreceráselles os cidadáns a posibilidade de solicitar o certificado dixital de persoa física da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e a clave permanente, trasladarase a Begonte unha unidade de empleados/as públicos da Administración Xeral do Estado.

Necesitándose un número mínimo de interesados, ábrese un período de inscrición desde hoxe e ata o 06/03/2026, chamando o 982 396 143, por correo electrónico aedl@concellodebegonte.es ou presencialmente nas oficinas municipais, indicando nome, apelidos e número de teléfono.

Nota: Se hai interesados q expresen na inscrición cabería a posibilidade de que acuda persoal do Servizo Público de Emprego e do Instituto Nacional da Seguridade Social para ofrecer información e resolver dúbidas sobre os seus trámites.

Máis información.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies