06/11/2025
A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario 🌳 tráenos este sábado un plan extraordinario para antes do XI Magosto Popular do Concello de Begonte 🌰🥳.
🎭 "Casting" - Hipócrita Teatro
🗓 Sábado 8 de novembro de 2025
⏰ 19.00 H
📍 Casa da Cultura de Begonte
💳 Entrada gratuíta.
👱♂️ Público adulto.
“Casting” é una comedia aceda que está protagonizada por figurinos de revista, estereotipos femininos creados pola industria cinematográfica de Hollywood no século pasado, que conseguiron instalarse no inconsciente colectivo de varias xeracións como prototipos de muller. Mirna Lois, unha diva dos anos 50, Norma Lee, actriz de cine erótico, e Úrsula Cimarrón, unha inxenua moza aspirante a actriz, coinciden nun casting. Todas compiten por un único papel. Atrapadas nos seus corpiños estereotipo, chegarán ó límite do ridículo por cumprir coas expectativas do seu rol. Por cal delas se decantará finalmente o despiadado produtor?
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies