05/11/2025
Hoxe non é unha data máis. É un día para mirar cara a quen sostén a vida sen pedir nada a cambio. Persoas que, cada día, coidan en silencio, sen horario, sen descanso, moitas veces sen axuda e, o que doe máis, sen recoñecemento.
Na nosa terra, a maioría das persoas coidadoras son mulleres 👩, e moitas son mulleres maiores que coidan doutros maiores. É unha xeración que aprendeu a poñer o deber por riba de si mesma, e que leva sobre os ombreiros unha tarefa que non sempre escolleu, pero que cumpre con amor e responsabilidade 🥰.
Mentres coidan, a súa vida vai quedando en suspenso: o tempo para elas desaparece, o cansazo acumúlase, a saúde reséntese e o futuro faise incerto. Moitas delas viven soas, esgotadas e invisibles, atrapadas entre o afecto e a obriga, entre a culpa e a entrega.
Tamén hai homes 👨 que coidan, que desafían estereotipos e lembran que coidar tamén é un acto de forza e humanidade. A súa presenza é valiosa porque axuda a romper silencios e a compartir unha responsabilidade que nunca debería recaer sobre unhas poucas mans.
Todos e todas comparten unha mesma realidade: soster aos demais sen ser sostidos.
Por iso hoxe, a homenaxe vai para eles e elas, porque cando unha persoa coida, está a garantir que alguén máis viva con dignidade.
𝐆𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒!! ❤️
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies