Noticias e alertas

𝐎 πˆπŒπ’π„π‘π’πŽ π‚πŽππ•πŽπ‚π€ 𝐎 ππ‘πŽπ†π‘π€πŒπ€ 𝐃𝐄 π“π„π‘πŒπ€π‹πˆπ’πŒπŽ 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 π€ππŽ πŸπŸŽπŸπŸ“/πŸπŸŽπŸπŸ”. πŸ‘΄πŸ‘΅

04/11/2025

πŸ”ΈPoderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

a. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.

b. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

c. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

d. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

πŸ”ΉAs persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:

1. Poder valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria.

2. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

3. Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

πŸ“… Prazo de presentación:

a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:

1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de decembro de 2025.

2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2026.

b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2026.

2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 e outubro de 2026.

Para tramitar a solicitude ou obter máis información pide cita na Oficina de Servizos Sociais comunitarios do Concello de Begonte. ☎ 982 396 143

𝐎 πˆπŒπ’π„π‘π’πŽ π‚πŽππ•πŽπ‚π€ 𝐎 ππ‘πŽπ†π‘π€πŒπ€ 𝐃𝐄 π“π„π‘πŒπ€π‹πˆπ’πŒπŽ 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 π€ππŽ πŸπŸŽπŸπŸ“/πŸπŸŽπŸπŸ”. πŸ‘΄πŸ‘΅

Noticias e alertas

Siguiente >
1/ 83

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓ­sticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓ­tica de cookies