04/11/2025
๐ธPoderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
a. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
b. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
c. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
d. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
๐นAs persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
1. Poder valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria.
2. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
3. Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
๐
Prazo de presentación:
a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:
1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de decembro de 2025.
2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2026.
b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2026.
2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 e outubro de 2026.
Para tramitar a solicitude ou obter máis información pide cita na Oficina de Servizos Sociais comunitarios do Concello de Begonte. โ 982 396 143
๐ ๐๐๐๐๐๐๐ ๐๐๐๐๐๐๐ ๐ ๐๐๐๐๐๐๐๐ ๐๐ ๐๐๐๐๐๐๐๐๐๐ ๐๐๐๐ ๐ ๐๐๐ ๐๐๐๐/๐๐๐๐. ๐ด๐ต
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies