18/09/2025
O Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online 💻 dirixido a nais 👱♀️ e pais 🧔 dos concellos da agrupación, para abordar as crises familiares e primeiros auxilios psicolóxicos.
Este obradoiro será impartido de xeito online 📲 (a través da plataforma zoom) por 👩🏫 Sandra Cabrera, psicopedagoga, mediadora familiar e responsable do programa "Mediación a familias e atención, formación e intervención psicosocial con fillas e fillos en educación primaria e secundaria de UNAF".
Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:
🔹 Que é unha crise e cales son as súas características.
🔸 Tipos de crises.
🔹 Comprendendo as crises familiares.
🔸 Crises familiares e modelos de familia.
🔹 Resiliencia.
🔸 Primeiros auxilios psicolóxicos.
🗓 Data: 30 de setembro
⏰Horario: de 18:00 a 19:30 H.
Inscricións a través do seguinte enlace: https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=EL1lraOcWUSZsR8AJaiKVeEgwUlkbINNlrb7Qya8QHtUMEFPVzFLSFhKQkpYRTlCS1BXWlMxWEtPSy4u&route=shorturl
+ INFO
Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.
✉️ prevenciondrogas@rabade.org
☎️ 982390062 (María Barreiro)
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies