Noticias e alertas

SABEDES QUE FIXEMOS ONTE?🤩🌞🚌

03/09/2025

No día de onte os veciños e veciñas do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 realizamos unha excursión 🚌 ata A Coruña e Betanzos.

Pola mañá, como é costume, almorzamos polo camiño ☕🥐 e dirixímonos hacia Corax Fauna 🐯🦉🫎, un Centro Educativo de fauna onde puidemos ver leóns, tigres, lobos, suricatos, aves, monos, linces, tartarugas, jabalíes, nutrias, coatíes, etc.

Despois, fixemos unha visita panorámica ó Castelo de San Antón 🏰 e dirixímonos a facer o xantar 🍽😋 diante da Torre de Hércules, para posteriormente visitala e sacar unhas fotos dende un dos lugares máis emblemáticos de A Coruña.

A continuación, e cunha tarde solleira ☀️, dirixímonos ó Monte de San Pedro para dar un paseo e ver os cañóns militares , o labirinto, o estanque, etc.

Unha vez rematado o paseo, puxemos rumbo á zona do porto 🚢 e á Praza de María Pita para aproveitar e mercar algún recordo.

Xa de regreso, fixemos parada en Betanzos! 😀

Grazas a todos/as por participar!! 🧳🚌😃

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies