Noticias e alertas

📚 CURSO ➡️ PREVENCIÓN E DETECCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS EN MENORES

09/06/2025

Co fin de ofrecer ferramentas ás familias 👨‍👩‍👧‍👦 para previr, detectar e xestionar condutas adictivas en menores , tanto a substancias como a comportamentos, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 e 𝐀𝐅𝐀𝐌𝐌𝐄𝐑 (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural) tráenvos un novo curso gratuíto.

Os contidos serán:

▪️Que son as condutas adictivas?
▫️Prevención en familia: claves para unha educación protectora.
▪️Detección temperá: signos de alerta e primeiras actuacións.
▫️Como afrontar un problema de adicción no meu fillo/a?
▪️A recuperación: acompañar sen sobreprotexer.

🗓 Venres 13 de xuño
⏰ De 16.00 a 22.00h (aprox.)
📍 Casa da Cultura de Begonte

⚠️ As prazas son limitadas, polo que deberá facerse a inscrición 📝 previamente no Concello de Begonte ou no teléfono ☎ 982 39 61 43.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies