12/05/2025
💳 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝑩𝑨𝑵𝑪𝑨 𝑫𝑰𝑮𝑰𝑻𝑨𝑳, 𝑪𝑶𝑴𝑷𝑹𝑨𝑺 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑹𝑨𝑺 📲
💳 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝑩𝑨𝑵𝑪𝑨 𝑫𝑰𝑮𝑰𝑻𝑨𝑳, 𝑪𝑶𝑴𝑷𝑹𝑨𝑺 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑹𝑨𝑺 📲
O Concello de Begonte coa impartición do curso 𝑩𝒂𝒏𝒄𝒂 𝒅𝒊𝒈𝒊𝒕𝒂𝒍, 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒓𝒂𝒔 𝒔𝒆𝒈𝒖𝒓𝒂𝒔 únese á campaña impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro das iniciativas Generación D impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación dixital e da Función pública e financiadas polo Plan de Recuperación, transformación e resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.
Descubre como a tecnoloxía pode transformar a túa vida con este curso 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐠𝐫𝐚𝐭𝐮𝐢𝐭𝐨 co que mellorarás o manexo da banca dixital realizando distintos tipos de operacións (transferencias, Bizum....), consultas e recarga de saldo, xestión de notificacións, consulta e pago de recibos e coñecerás información sobre riscos e consellos de seguridade básica. Apúntate ata o 2 de xuño!
🚻 Maiores de 60 anos
🗓 Do 16 ao 19 de xuño
⏰ De 16:30 a 18:30 h (Con titorías opcionais media hora antes e despois de cada sesión).
📍Telecentro de Begonte (Aula de informática)
📝Inscricións ata o 2 de xuño chamando ao ☎ 982 39 61 43 ou presencialmente no Concello de Begonte de 9 a 14:30 h.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies