Noticias e alertas

๐ŸŽฌ CICLO DE CINE DE MรšSICA TRADICIONAL ๐Ÿช•

09/05/2025

Como xa tiñamos comentado anteriormente, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario ๐ŸŒณ puxo en marcha en abril, un ciclo de cine ๐Ÿ“ฝ adicado á música tradicional ๐ŸŽผ.

Este domingo 11 de maio, antesala do gran día das Letras Galegas ๐Ÿ’™ adicado ás Cantareiras, dende a asociación, propoñen a revisión do filme documental "Dorothé na Vila" dirixida por Alejandro Gándara e Olaia Tubío, sobre a viaxe que a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth fixo a Galicia nos anos 70 e que tivo unha importancia capital para (re)descubrir a grandísima tradición oral gardada polas mulleres durante décadas.

๐Ÿ”น 11 de maio ás 18:00h na Casa da Cultura de Begonte, Dorothé na vila

Posteriormente haberá un pequeno debate con Carolina Vázquez Castro, mestra e recoñecida tocadora das Adufeiras de Salitre e Roberto Rodriguez Páramo, mestre de canto e pandeireta e recoñecido "recolledor" de música tradicional, para que nos falen da súa visión da película, da música tradicional, das recolleitas e de calquera tema relacionado coa nosa música.

Anímaste? ๐Ÿ˜ƒ

๐ŸŽฌ CICLO DE CINE DE MรšSICA TRADICIONAL ๐Ÿช•

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies