Noticias e alertas

โ„๏ธ ๐…๐Ž๐‹๐ˆ๐ƒ๐€๐ƒ๐€ ๐ƒ๐„ ๐ˆ๐๐•๐„๐‘๐๐Ž โ˜”๏ธ

11/03/2025

O vindeiro sábado ๐Ÿ—“ 15 de marzo, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario organiza unha nova edición da Foliada de Inverno โ„๏ธ que este ano lle adican ás CANTAREIRAS, esas mulleres ๐Ÿ‘ฉ‍๐Ÿฆฐ, moitas delas anónimas, que foron as responsables de legar á posteridade, un dos grandes tesouros que temos, o inabarcable cancioneiro popular, cheo de coplas e melodías únicas.

Ademais, realizarán un obradoiro que a temática será o estudo do xeito de tocar e cantar dos tres lugares das Cantareiras homenaxeadas este ano 2025: Agranzón, Mens e Vila da Igrexa.

O obradoiro, que comezará ás โฐ seis da tarde e terá unha duración aproximada de dúas horas, estará impartido por ๐Ÿ‘จ‍๐Ÿซ Roberto Rodríguez, mestre de pandeireta e gran coñecedor do canto e a percusión destas zonas.

โ„น๏ธ O prezo será de 10 euros para persoas non asociadas e de balde para asociadas. O número de prazas é limitado polo que cómpre anotarse no correo electrónico da asociación: ๐Ÿ“ฉ castineiromilenario@hotmail.com.

Despois do obradoiro terán uns petiscos ๐Ÿฅฏ para coller forzas e comezar, arredor das โฐ nove, a Foliada de Inverno. Como sempre arrancarán a festa os grupos locais de Foliadeir@s do Castro e Treitoira, a continuación as pandeireteiras de Xaora e Asubíos da Chaira para rematar.

Será no Centro Sociocultural de Begonte, ó carón do Centro Médico. ๐Ÿฅณ

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies