Noticias e alertas

❄️ π…πŽπ‹πˆπƒπ€πƒπ€ 𝐃𝐄 πˆππ•π„π‘ππŽ β˜”οΈ

11/03/2025

O vindeiro sábado πŸ—“ 15 de marzo, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario organiza unha nova edición da Foliada de Inverno ❄️ que este ano lle adican ás CANTAREIRAS, esas mulleres πŸ‘©‍🦰, moitas delas anónimas, que foron as responsables de legar á posteridade, un dos grandes tesouros que temos, o inabarcable cancioneiro popular, cheo de coplas e melodías únicas.

Ademais, realizarán un obradoiro que a temática será o estudo do xeito de tocar e cantar dos tres lugares das Cantareiras homenaxeadas este ano 2025: Agranzón, Mens e Vila da Igrexa.

O obradoiro, que comezará ás ⏰ seis da tarde e terá unha duración aproximada de dúas horas, estará impartido por πŸ‘¨‍🏫 Roberto Rodríguez, mestre de pandeireta e gran coñecedor do canto e a percusión destas zonas.

ℹ️ O prezo será de 10 euros para persoas non asociadas e de balde para asociadas. O número de prazas é limitado polo que cómpre anotarse no correo electrónico da asociación: πŸ“© castineiromilenario@hotmail.com.

Despois do obradoiro terán uns petiscos πŸ₯― para coller forzas e comezar, arredor das ⏰ nove, a Foliada de Inverno. Como sempre arrancarán a festa os grupos locais de Foliadeir@s do Castro e Treitoira, a continuación as pandeireteiras de Xaora e Asubíos da Chaira para rematar.

Será no Centro Sociocultural de Begonte, ó carón do Centro Médico. πŸ₯³

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓ­sticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓ­tica de cookies