Noticias e alertas

πŸ’œ 8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER πŸ‘©πŸ»

06/03/2025

πŸ’œ 8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER πŸ‘©πŸ»

πŸ’œ 8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER πŸ‘©πŸ»
Como cada ano, o Concello de Begonte quere conmemorar a loita da muller pola súa participación en igualdade na sociedade.

Nesta ocasión e debido á súa coincidencia co XIV Concurso de disfraces e comparsas 🎭, aúnanse ambos eventos para facelos visibles ao longo de toda a xornada, por iso a conmemoración do 🟣8M vai estar latente no propio concurso con distintas accións en prol desta loita, ás que nos gustaría que vos sumárades! πŸ’ͺ

Para comezar o evento de Entroido farase lectura do manifesto do 8M, que abrirá o desfile e durante todo o día estará dispoñible no pavillón de Baamonde unha exposición πŸ–Ό sobre “Mulleres que cambiaron a historia”. Figuras de distintos ámbitos e nacionalidades aparecen representadas nesta exposición, que pretende dar a coñecer e poñer en valor o progreso logrado polas πŸ§•πŸ‘©‍🦰 mulleres πŸ‘±‍β™€οΈπŸ‘©‍🦳 ao longo da historia, como símbolo do seu esforzo incansable por equiparar os dereitos fundamentais e capaz de transformar a sociedade, motivándonos así da importancia de seguir avanzando.

A programación do 8M complétase ademais co curso de solo pélvico programado para o luns, 10 de marzo, ás 16:30 h na Casa da Cultura de Begonte.

πŸ’œ Querémonos libres e iguais!!

πŸ’œ 8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER πŸ‘©πŸ»

Noticias e alertas

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓ­sticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓ­tica de cookies