05/02/2025
O vindeiro 🗓 venres día 7 de marzo, de ⏰ 16.00 a 17.00h, o 🏡 Centro de Día de Begonte organiza no seu local de Baamonde esta exposición a cargo de 👨🏫 Xosé Torres e 👨🏫 Henry Vidal da Asociación de Música Antiga de Lugo.
Poderá acudir de xeito gratuito calquera persoa inscribíndose 📝 previamente nos números de teléfono do Centro, ben sexa por chamada ao ☎ 982 39 80 04 ou por mensaxe ao 📱 687 05 61 94 xa que o aforo é limitado.
O acto comezará cunha breve presentación sobre o tema, dando paso á exposición de réplicas de instrumentos históricos 🪘 acompañada de explicacións sobre as súas características.
Para rematar, realizarase unha actividade interactiva na que se poderán observar, e probar nalgún caso, estes instrumentos medievais. 😀
ACOMPÁÑANOS!! 🥰
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies