Noticias e alertas

๐Ÿƒ๐Ÿƒโ€โ™€๏ธ III ๐‚๐€๐‘๐‘๐„๐ˆ๐‘๐€ SOLIDARIA SAN FAIUQUIร‘O

18/12/2024

๐Ÿ“A área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva e o Plan de actividades físicas e hábitos saudables do centro, organiza a “III Carreira Solidaria San Faiuquiño” en colaboración co ๐‚๐จ๐ง๐œ๐ž๐ฅ๐ฅ๐จ ๐๐ž ๐๐ž๐ ๐จ๐ง๐ญ๐ž, co Club de Atletismo CORRE por Begonte e coa A.D. Rego do Lobo.

๐Ÿ“Esta proba deportiva terá lugar mañá xoves 19 de decembro de 2024 ás 12:00 horas, con saída e chegada no propio centro.

๐Ÿ“Celebraranse un total de 2 probas pola contorna próxima do centro, nas que os/as participantes recorrerán diferentes distancias en función da súa idade.

๐Ÿ“É unha carreira aberta á participación de toda a comunidade educativa, de xeito que non só poderán participar os nenos/as e os mestres/as, senón tamén aquelas nais e pais e familiares que así o desexen.

๐Ÿ“Para poder participar e obter dorsal, haberá que aportar algún alimento non perecedoiro. Os alimentos recolleranse no centro ata hoxe mércores 18 de decembro incluido, e serán doados aos servizos sociais do Concello de Begonte para o seu reparto entre as familias máis desfavorecidas da nosa contorna.

๐Ÿ”ณ ENTREGA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase no colexio o mesmo día da proba ás 11:30 horas.

VIVE O NADAL EN BEGONTE!! โญ๏ธ

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies