18/12/2024
📍A área de Educación Física do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva e o Plan de actividades físicas e hábitos saudables do centro, organiza a “III Carreira Solidaria San Faiuquiño” en colaboración co 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, co Club de Atletismo CORRE por Begonte e coa A.D. Rego do Lobo.
📍Esta proba deportiva terá lugar mañá xoves 19 de decembro de 2024 ás 12:00 horas, con saída e chegada no propio centro.
📍Celebraranse un total de 2 probas pola contorna próxima do centro, nas que os/as participantes recorrerán diferentes distancias en función da súa idade.
📍É unha carreira aberta á participación de toda a comunidade educativa, de xeito que non só poderán participar os nenos/as e os mestres/as, senón tamén aquelas nais e pais e familiares que así o desexen.
📍Para poder participar e obter dorsal, haberá que aportar algún alimento non perecedoiro. Os alimentos recolleranse no centro ata hoxe mércores 18 de decembro incluido, e serán doados aos servizos sociais do Concello de Begonte para o seu reparto entre as familias máis desfavorecidas da nosa contorna.
🔳 ENTREGA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase no colexio o mesmo día da proba ás 11:30 horas.
VIVE O NADAL EN BEGONTE!! ⭐️
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies