Medio Ambiente pon en marcha campañas de divulgación do Invernadeiro e da Serra da Enciña da Lastra

28/09/2020

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de asinar o contrato do servizo para o deseño e execución das campañas de divulgación, promoción do turismo de natureza sostible e educación ambiental no parque natural Serra da Enciña de Lastra, por un importe de 37.877,74 euros, e outro no Invernadeiro por 34.000 euros. 

A finalidade principal destas actuacións, cofinanciadas nun 80% a través do fondo europeo para o desenvolvemento rexional ao abeiro do programa FEDER Galicia 2014-2020, é a contratación dun servizo de atención ao público e sensibilización, así como de campañas de promoción turística e educativas que contribúan á concienciación ambiental da sociedade e a un mellor coñecemento dos espazos incluídos na Rede de Parques Naturais de Galicia. 

O contrato licitouse o pasado mes de marzo dividido en seis lotes: un por cada un dos seis parques naturais existentes en Galicia. Da prestación do servizo de promoción e divulgación dos valores existentes na Serra da Enciña da Lastra, no Concello de Ourense, encargarase a empresa Puertas Afuera, Comunicación Medioambiental y Cultural SL, que acaba de asinar o contrato por un período de 24 meses. 

Entre as actividades que terá que desenvolver para acadar este obxectivo figuran campañas, actividades e obradoiros de educación, sensibilización e divulgación ambiental, conservación da natureza e Rede Natura 2000 que se impartirán fundamentalmente no Centro de Visitantes do Concello de Rubiá. En O Invernadeiro encargarase a empresa Oficina Técnica Demontes SLU, que acaba de asinar o contrato por un período de dous anos e as actividades levaranse a cabo, fundamentalmente, no Centro de Visitantes de Ribeira Pequena, no concello ourensán de Vilariño de Conso.

LA VOZ DE GALICIA

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies