Noticias y alertas

𝐂𝐀𝐑𝐓𝐀 𝐃𝐄 𝐀𝐆𝐑𝐀𝐃𝐄𝐂𝐄𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 🤝

20/01/2023

𝐂𝐀𝐑𝐓𝐀 𝐃𝐄 𝐀𝐆𝐑𝐀𝐃𝐄𝐂𝐄𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 🤝

A través desta carta quero agradecer ós equipos de emerxencias despregados en Begonte o pasado día 17 de xaneiro, co motivo das inundacións sufridas no Concello de Begonte polo desbordamento do río Ladra.

Quero recoñecer e destacar, a título persoal e de parte de todos os veciños e veciñas do Concello de Begonte, a profesionalidade e compromiso dos diversos colectivos que formaron o dispositivo de emerxencias para poder asistir e rescatar ás persoas afectadas por dita catástrofe, que tiveron que abandonar os seus fogares, deixando atrás toda unha vida.

En especial diríxome ó corpo da Garda Civil, ó subsector de Tráfico de Lugo, ó GES de Friol, ó Corpo de Bombeiros de Vilalba e ás Agrupacións de Protección Civil de Vilalba, Lugo e Cervo, que estiveron dende primeira hora dando asistencia e transmitindo tranquilidade a todas as persoas damnificadas, arriscando as súas propias vidas por axudar a todos os veciños e veciñas de Begonte. Unha actuación digna de eloxio e que demostra a coraxe e a vontade de servizo público de cada membro das agrupacións citadas anteriormente.

Sirvan estas liñas para recoñecer o labor de todos estes equipos e manifestar o agradecemento eterno deste Concello pola súa axuda nunha situación excepcional, que agardemos que non teñamos que volver a vivir.

Sen máis, un cordial abrazo

En Begonte, a 19 de xaneiro de 2023

José Ulla Rocha

Alcalde -Presidente do Concello de Begonte

📸 Fotografía de Manuel Guede, publicada no xornal La Voz de Galicia.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies