Noticias e alertas

🦁🏀 O BREO NO CAMIÑO!! 

21/09/2022

🦁🏀 O BREO NO CAMIÑO!!


Membros do Club Baloncesto Breogán SAD, entre os que se atopaban os técnicos Fernán Varela, Quique Fraga e Rubén Portes e os xogadores Ethan Happ, Sergi Quintela, Sergi García, Víctor Arteaga e Marko Lukovic, xunto coa mascota Maximus, desprazáronse este luns a Begonte, onde tiveron a oportunidade de visitar o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño acompañados por membros do Concello e do colectivo “Coidemos Lugo”.


Todos eles percorreron un tramo do Camiño e fixeron paradas en puntos de interese como a Casa Museo Victor Corral en Baamonde. Noemi, neta de Victor Corral, foi quen amosou e acompañou o equipo no seu percorrido pola casa museo e os xardins.
O Río Breogán estivo acompañado no seu percorrido polo alcalde de Begonte , José Ulla, e os artistas Ana Cabanes e Ruben Paz, autor do segundo mellor mural do mundo do mes de agosto 2022 por Street Art Cities, a maior comunidade mundial de arte urbano.


O Guía oficial Guido Álvarez explicou aos presentes a importancia do Camiño no seu paso pola Provincia de Lugo.
A iniciativa «O Breo no Camiño» forma parte do proxecto de dinamización da Xunta de Galicia “O Teu Xacobeo” e cobre aspectos culturais, antropolóxicos, patrimoniais, paisaxísticos e ambientais de diversos tramos dos roteiros ao paso pola Provincia de Lugo.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies